domingo, 16 de outubro de 2016

SondeNós, Grupo Vocal. Memoria 2015-2016

· Luns 28 de decembro de 2015, ás 20,30 h
2ª Edición do Concerto "Entre nós", xunto ao coro de cámara "Tempus Fugit" de Viveiro (Lugo) (dir. Javier Fajardo).

O Grupo SondeNós (SdN) visita Viveiro por segunda vez, de novo na compaña deste coro amigo. En canto a nós, apuntar que en 2014 voltamos a Italia, estivemos en Milano, Verona, Padova -onde cantamos en Santo Antonio- e Venezia. Visitamos tamén algunhas vilas dentro da Comunidade galega e tamén fóra -Laguardia (Araba) e Burgos- ofrecendo alí a nosa música. Tamén colaboramos nas cerimonias de entrega de tres importantes premios: o "Pérez Parallé", de poesía, en Fene; o "Manuel Murguía", de relato curto, en Arteixo e, en data aínda moi recente, na Cerimony of the International Price Grupo Compostela-Xunta de Galiza, celebrada do Salón Nobre do Colexio compostelán de Fonseca.

· Sábado 2 de xaneiro de 2016, ás 20,00 h
Concerto de Nadal no Vicedo (Lugo), organizado pola Asociación Cultural "Orde Templaria" desta localidade.

SondeNós na Igrexa Parroquial do Vicedo (Lugo),
o 2 de xaneiro de 2016.

· Mércores 18 de maio de 2016, ás 12,40 h
Concerto no IES "Agra de Leborís" da Laracha (A Coruña).

Nesta visita ao Instituto da Laracha presentamos o noso programa "Identidade".

O Grupo Vocal SondeNós presenta o seu programa "Identidade" para a primavera de 2016, onde a festividade das Letras rende tributo ao poeta Manuel María (1929-2004). En Identidade ofrecemos unha selección de música galega en convivencia con outras músicas do mundo: Córsega, Grecia, Israel, Nova Zelandia ou Finlandia. Con este novo proxecto queremos celebrar o centenario da fundación na Coruña das Irmandades da Fala (1916-2016) polo viveirés Antón Villar Ponte (1881-1936).

SondeNós do IES "Agra de Leborís" da Laracha (A Coruña),
o mércores 18 de maio de 2016.

· Venres 20 de maio de 2016, ás 21,00 h
Concerto didáctico en Foz (Lugo), organizado polo Concello desta localidade e dirixido a alumnos/as da Escola Municipal de Música, amais de a coralistas de diferentes agrupacións da zona.

Texto para a presentación

(Para ler ao principio)

Boa noite a pequenos e maiores. O Grupo SondeNós quere agradecer a Pili e mais a Felipe a oportunidade que se lle brinda. Grazas de corazón pola vosa confianza.

Son as once da mañá dun sábado escollido dalgún mes do curso 2015-2016. Na aula número 6 do antigo Hotel Venecia de Viveiro, hoxe Conservatorio de Música, hai seis cadeiras en corro e a garantía dun radiador que agoche o exceso de humidade.

Desde A Coruña chegan a soprano Julia Cea e mais o tenor Txemi Jiménez; desde a vila de Santo Andrés, o de Teixido, achégase o baixo Javier Díaz; Lucas Iglesias, o barítono, madruga algo menos porque ven desde O Vicedo; Rocío, a mezzosoprano, e mais Plácido, o outro dos tenores, amais de director, viven na vila do Landro. O día preséntase longo... e apaixonante.


(Para ler despois do ensaio)

Lembrar o control dos "tempi"; procurar o case imposible: que non se mova a afinación; manter a voz timbrada nos diferentes rexistros; non cubrir a melodía; cantar sempre "lindo"...
Demasiadas cousas, demasiado control... sa cadra o mellor é deixarse levar un pouco e... disfrutar.

O grupo SondeNós ofrece esta noite en Foz catro pezas do seu programa "Identidade":

Alalá de Noia, O maio, O meu país e Quando eu sonho. Música galega para lembrar a figura do poeta chairego Manuel María, homenaxeado este ano no día das Letras. Quen lles fala, a profesora Teresa López, acompañará en verso coa súa voz;

Unha fermosa composición relixiosa do compañeiro Javier Díaz sobre o texto do Ave María;

Unha melodía para o cine: o tema de amor do filme Romeo e Xulieta de Franco Zeffirelli;

Dúas cancións de Italia, unha máis antiga e outra máis contemporánea: Com'è triste Venezia, de Charles Aznavour e Strani amori, de Laura Pausini;


E como peche, dous temas adaptados dos lexendarios anos oitenta: El sitio de mi recreo, de Nacha Pop, e Déjame, de Los Secretos.

SondeNós na Sala Bahía de Foz (Lugo),
o venres 20 de maio de 2016.
Un momento do concerto didáctico.
SondeNós na Sala Bahía de Foz (Lugo),
o venres 20 de maio de 2016.

· Venres 10 de xuño de 2016, ás 12,30 h
Concerto no IES "Perdouro" de Burela (Lugo). Amais, presentación do meu caderno "Intervalos, acordes, graos da escala e ditado".

SondeNós no IES Perdouro de Burela (Lugo),
o venres 10 de xuño de 2016.
Plácido Travieso coa profesora Dolores Otero
no IES Perdouro de Burela (Lugo),
o venres 10 de xuño de 2016.
Un momento da presentación do caderno
"Intervalos, acordes, graos da escala e ditado".

· Luns 15 de agosto de 2016, as 22,00 h
Concerto en Tui (Pontevedra), na igrexa de San Telmo, dentro do ciclo de concertos da XXVII edición do Curso de dirección, canto, técnica vocal, coro e orquestra "Tamara Brooks".


Programa:
(Todos os temas adaptados e arranxados por Plácido Travieso, agás Ave María)

Parte 1ª:
Con grande afecto, a quen tanto debemos...
Yerushalayim Shel Zahav
Texto e música de Naomi Schemer (1930-2004)
Ave María
Música de Javier Díaz (n. 1973)

Parte 2ª:
Tres pezas do noso programa "Identidade": amalgama entre música e palabra, entre a luz do Rexurdimento e o impulso vital da poesía de Séchu Sende, recollendo o alento da Nova Canción Galega.
O maio + Falarás a nossa língua
Textos de Manuel Curros Enríquez (1851-1908) e Séchu Sende (n. 1972)
Música de Luis Emilio Batallán (n. 1948)
O meu país
Texto de Xoán Manuel Casado (1949-2002)
Música de Miro Casabella (n. 1946)
Quando eu sonho
Texto de Séchu Sende (n. 1972)
Música de Plácido Travieso (n. 1972)

Parte 3ª:
"Pop coral" para un momento distendido... ou para a compostura dun recital.
A time for us
Tema de amor do filme Romeo e Xulieta de Franco Zeffirelli (1968)
Texto en inglés de Larri Kusik e Eddie Snyder
Música de Nino Rota (1911-1979)
Com'è triste Venezia
Texto e música de Charles Aznavour (n. 1924)
Strani amori
Tema gravado por Laura Pausini en 1994
Texto e música de AAVV:
Angelo Basiglio, Roberto Buti, Cheope, Marco Marati e Francesco Tanini
El sitio de mi recreo
Tema gravado polo grupo "Nacha Pop" en 1972
Texto e música de Antonio Vega (1957-2009)
Déjame
Tema gravado polo grupo "Los Secretos" en 1980

Copio o texto en lingua galega que o meu irmán Antonio Travieso escribiu para Yerushalayim Shel Zahav e que dedicamos especialmente a Tamara Brooks.

(Para Tamara)

Ar dos cumios doce coma o viño
recendo dos piñeirais,
que devén airexa co solpor,
que renxe coas campás
na letarxia das rochas
e no soño das árbores;
presa do abafo a Cidade,
errabunda.
E un muro no seu corazón.

Xerusalén de ouro,
de bronce e luz,
eu canto
todas a túas melodías.

Estiñaron os pozos de auga,
ninguén percorre as feiras,
ninguén visita xa o Templo
na Cidade Vella.
Nas covas,
nas rochas zuna o vento.
E xa ninguén descende ao Mar Morto
camiño a Xericó.

Xerusalén de ouro,
de bronce e luz,
eu canto
todas a túas melodías.

Mais hoxe, ao cantarche,
ao coroarte coa tiara,
son o máis novo dos teus fillos.
O último trobador.
Abrasa o teu nome os meus labios
coma o bico dun anxo.
Se te esquecer, ou, Xerusalén!,
Cidade Dourada.

Xerusalén de ouro,
de bronce e luz,
eu canto
todas a túas melodías.

· Sábado 1 de outubro de 2016, ás 21 h
Concerto no Pazo de Mariñán (Bergondo. A Coruña), dentro do Seminario "Ideología, dramaturgia y tecnología en el teatro" que neste marco desenvolveu a Asociación de Directores de Escena de España (ADE).

SondeNós no Pazo de Mariñán (Bergondo. A Coruña),
o sábado 1 de outubro de 2016.
Imaxe: ADE

Grupo vocal SondeNós, outubro de 2016.



sábado, 28 de novembro de 2015

SondeNós na Presentation Ceremony of the XIX International Price Grupo Compostela-Xunta de Galiza



O venres 25 de setembro de 2015 tivemos a honra de participar, ofrecendo a nosa música, na cerimonia de entrega do XIX Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galiza, que nesta ocasión tiña como gañador o Proxecto Erasmus. O acto tivo lugar no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, en Compostela. Pedíronnos un programa multilingüe que tivese O Camiño como fío condutor. Pedíronnos tamén que nos presentasemos.

Adxunto o texto que Julia Cea elaborou para a ocasión:


Good evening. Thank you for coming to listen to our vocal group, SondeNós. All the members come from different places in Northern Spain: Vitoria, Oviedo, Luarca, O Vicedo, Viveiro and A Coruña. We all live in Galicia and we rehearse in Santiago or Viveiro (a village on the coast of Lugo).

Our programme tonight is divided into three different scenes or atmospheres.

The first scene is located in Portugal, in the holy place of Nossa Senhora do Almortâo, a 13th century church where pilgrims arrived very tired but very happy to sing and pray to the Virgin Mary.

We are going to sing two songs in this place, the first one is called Kyrie eleison, composed by Haugen, and the second one is Senhora do Almortâo, written by Julio Domínguez.

The second scene is located in Galicia, the place where we are now. We are going to sing two songs in Galician language. The first one: O maio, is based on the poem written by Curros Enríquez. L. E. Batallán composed a melody for the lyrics and Plácido Travieso arranged it for us. The second song is Quando eu sonho, written by Séchu Sende, a Galician contemporary writer. The music was written by Plácido Travieso, our conductor.

Teresa López Sancosmed is joining us to read out the words that Séchu Sende wrote for his daughter, Falarás a nossa língua: you will talk our language.

The third scene is related to the Camiño (the St James way). We are going to sing two songs in languages that are spoken in two places which are thousands of miles apart, but close in spirit. One of the songs is in Greek and the other one in Maori, the language of New Zealand. We would like us to think about St. James Way as a bridge which joins Santiago with other countries, Galego and other languages.

To finish our concert we would like to pay a little homage to Italy, a place where we travelled as pilgrims in 2014. We were fortunate enough to be able to sing at Santo Antonio de Padova church, which was an experience we will never forget. So, we will close the concert with Com'é triste Venezia, a song that brings beautiful memories to all of us.

Thank you again, and we hope you will enjoy.


Adxunto tamén a miña proposta aos compañeiros/as, onde esbozo o texto que despois Julia elaborou e onde detallo o programa presentado:

Programa:

Música de Mikel Laboa (1934-2008) con arr. de Javier Busto (n. 1949)
Nerea izango zen

SondeNós é un septeto vocal formado por dúas mulleres e cinco homes. Esta noite non estamos todos/as. Somos de Vitoria, Oviedo, Luarca, A Coruña, O Vicedo e Viveiro, aínda que todos residimos en Galiza. Unha vez ao mes, intensamente, a cidade do Landro e mais a propia Compostela, son testemuña da nosa paixón pola música vocal. 

Cadro nº 1: Portugal, Idanha-a-Nova. Santuário de Nossa Senhora do Almortâo, s. XIII. Sen folgos, mais cheos de ledicia, os peregrinos en reverencia ofrecen a súa pregaria. 

Marty Haugen (n. 1950)
Kyrie eleison

Arr. de Julio Domínguez (n. 1965)
Senhora do Almortâo

Cadro nº 2: Galiza no corazón de Europa, desde o pasado e no presente. Curros Enríquez en amalgama con Séchu Sende. Aquí ven o maio de flores cuberto... Falarás a nossa língua e as túas palavras abrirám os caminhos da vida. 

Textos de Manuel Curros Enríquez (1851-1908) e Séchu Sende (n. 1972)
Música de L. E. Batallán (n. 1948) con arranxo coral de Plácido Travieso (n. 1972)
O maio + Falarás a nossa língua

Texto de Séchu Sende (n. 1972) e música de Plácido Travieso (n. 1972)
Quando eu sonho

Cadro nº 3: O Camiño como ponte entre culturas. Nun sentir común os seis mil idiomas do planeta. 

Grecia
To lemonaki

Nova Zelandia
Pokarekare ana

En 2014, SondeNós viaxou por vez segunda a Italia. Coñecimos Padova e fomos peregrinos en Santo Antonio. Tamén admiramos Venezia... 

Música de Charles Aznavour (n. 1924) con arranxo coral de Plácido Travieso (n. 1972)
Com'è triste Venezia

A profesora e amiga Teresa López acompañounos unha vez máis aportando a lectura apaixoada dos versos de Séchu Sende en O maio e Quando eu sonho. Sempre é un pracer contar con ela.


Quero rematar esta publicación agradecendo a Lara Dopazo que pensase en nós para este evento. Sentínme moi honrado -falo por min, mais sei que os/as compañeiros/as tamén o subscriben- de cantar para a Universidade de Compostela no salón que un día acolleu o Parlamento de Galiza.

Desde a organización enviáronnos esta foto:

SondeNós con Teresa López no Salón Nobre do Colexio de Fonseca,
en Compostela, o 25-09-2015, con motivo da súa participación na
Presentation Ceremony of the XIX International Price
Grupo Compostela-Xunta de Galiza.
























domingo, 4 de outubro de 2015

SondeNós, Grupo Vocal. Memoria 2014-2015

A actividade  do grupo SondeNós en 2015-2016 consistiu en cinco concertos dos que deseguido anoto a referencia:

Burgos. Igrexa de San Nicolás, 27/12/2014.
Concerto "Annuntio vobis...". Obras de Hassler, Praetorius,
Gabrieli, Javier Díaz e Julio Domínguez.

Foz (Lugo). Igrexa Parroquial, 4/01/2015.
Concerto "Annuntio vobis...". Obras de Hassler, Praetorius,
Gabrieli, Javier Díaz e Julio Domínguez.

Foz (Lugo). Basílica de San Martiño de Mondoñedo, 29/03/2015.
Concerto "In Officium Hebdomadae Sanctae. Triduum Sacrum".

Fene (A Coruña). Círculo Mercantil e Industrial, 9/05/2015.
Cerimonia de entrega do XXVII Premio Nacional de Poesía
"Xosemaría Pérez Parallé".

Arteixo (A Coruña). Auditorio Municipal, 14/05/2015.
Cerimonia de entrega do XXIV Premio de Narracións breves "Manuel Murguía".

De todos eles fixen xa referencia en publicacións anteriores. 2015 remata co concerto ofrecido en Santiago de Compostela (A Coruña), na Presentation Ceremony of the XIX Internacional Prize Grupo Compostela-Xunta de Galiza, celebrada o 25/09/2015 no Salón Nobre do Colexio de Fonseca. Na seguinte publicación falarei deste evento algo máis polo miúdo.




domingo, 17 de maio de 2015

Premios Pérez Parallé e Manuel Murguía

O sábado 9 do presente mes de maio estivemos en Fene (A Coruña), ofrecendo a nosa música na gala de presentación da obra premiada na XXVII edición do Premio Nacional de Poesía "Xosemaría Pérez Parallé". Tratábase do poemario "Ruído de trens" de Eduard Velasco. O acto tivo lugar no Círculo Mercantil e Industrial desta localidade coruñesa, entidade organizadora do certame.

Premio "Pérez Parallé". Trítico da XXVII convocatoria.
Xosemaría Pérez Parallé (1909-1987)


O xoves 14, tamén de maio, do mes das letras, desprazámonos ata Arteixo (A Coruña) e alí cantamos na gala de entrega do XXIV Premio de Narracións Breves "Manuel Murguía". Este premio convócao o Concello de Arteixo.

Premio "Manuel Murguía".
Manuel Murguía (1833-1923)


Na nosa intervención fixemos música galega e máis cousas, mais a día de hoxe e con motivo de celebración do Día das Letras, soamente apunto o programa en galego:


Parte I

Curros Enríquez & Séchu Sende
O maio + Falarás a nossa língua
Textos de Manuel Curros Enríquez(1851-1908) e Séchu Sende(n.1972)
Música de L. E. Batallán(n. 1948) e arranxo coral de Plácido Travieso(n. 1972)
Voz de Teresa López
Mistura entre os versos de Curros musicados por Batallán e o poema Falarás a nossa língua que o escritor Séchu Sende dedicou a unha das súas fillas.

Curros Enríquez
Do mar pola orela
Texto de Manuel Curros Enríquez(1851-1908)
Música de L. E. Batallán(n. 1948) e arranxo coral de Plácido Travieso(n. 1972) sobre partitura de Julio Domínguez(n. 1965)
Versión para coro da coñecida melodía de Batallán sobre o poema que Curros escribe á morte Rosalía, coa que SondeNós agasalla a Séchu Sende no lanzamento en Viveiro da súa Viagem ao Curdistám, en xaneiro de 2013.

Rosalía
Negra sombra
Texto de Rosalía de Castro(1836-1885)
Música de Xoán Montes Capón(1840-1899) e adaptación de Plácido Travieso(n. 1972)
Voz de Teresa López
Adaptación desde o respecto da intimísima obra de Montes coa intención posta na declamación dos versos rosalianos.

Séchu Sende
Quando eu sonho
Texto de Séchu Sende(n. 1972)
Música de Plácido Travieso(n. 1972)
Obra escrita para a segunda edición do concerto No camiño da lingua, celebrado o 10 de maio de 2014 no Panteón de Galegos Ilustres e máis na Casa da Matanza.

SondeNós con Teresa López en Fene (A Coruña),
na gala de presentación da obra premiada na XXVII
edición do Premio de Poesía "Xosemaría Pérez Parallé",
o 9 de maio de 2015.
SondeNós en Arteixo (A Coruña),
na gala de entrega do Premio "Manuel Murguía" na súa
XXIV edición, o 14 de maio de 2015.
Momento da interpretación da obra "Quando eu sonho",
con texto de Séchu Sende e música de Plácido Travieso.



venres, 15 de maio de 2015

In Officium Hebdomadae Sanctae: Triduum Sacrum

Concerto na basílica románica de San Martiño de Mondoñedo (Foz).

O domingo 29 de marzo de 2015 visitamos a basílica de San Martiño de Mondoñedo, en Foz (Lugo), concello onde nos teñen grande aprezo, xa o comentei noutra ocasión. A verdade é que en San Martiño xa estiveramos en 2013, tamén na Semana Santa, formando parte da programación cultural da Semana de Música "Xosé Alonso". Un pracer.

Desta volta pedíronnos acompañar na misa do Domingo de Ramos e facer logo un pequeno concerto. Preparamos sete pezas que agrupamos en catro bloques: Ierusalem, Urbe Sancta; In Officium Hebdomadae Sanctae: Triduum Sacrum; Mater Dei, Memento Mei e Oratio Nostra.

A adaptación da sentida melodía de Naomi Schemer (1930-2004), Y'rushalayim Shel Zahav, que recollín do filme A lista de Schindler serviunos para rachar o xeo. O Triduum Sacrum estivo representado por dous motetes de Jouzas Naujalis (1869-1934) que xa tiñamos cantado antes, e mais por O vos omnes de T. L. de Victoria (1548-1616). O noso primeiro Victoria!. No grupo Mater Dei, Memento Mei fixemos unha peza miña, Stabat Mater Dolorosa, e outra de Javier, Ave María. A antiga oración inglesa God Be in My Head, musicada por Paul Leddington Wright (n. 1993) pechou o ciclo.

Estou contento con este programa, de feito, propúxenlle ó Grupo a total memorización das obras coa fin de repetilo integramente para o vindeiro ano, se alguén nos convida a facelo. Penso que funciona.


Concerto en San Martiño (Foz- Lugo), o 29 de marzo de 2015.
Trítico exterior.

Concerto en San Martiño (Foz- Lugo), o 29 de marzo de 2015.
Trítico interior.

SondeNós na basílica románica de San Martiño de Mondoñedo,
en Foz (Lugo), o 29 de marzo de 2015.





xoves, 5 de marzo de 2015

Annuntio vobis...


Unha viaxe musical pola Europa do Renacemento co relato evanxélico da Anunciación como fío condutor.

Obras de Hassler, Praetorius, Gabrieli, Javier Díaz e Julio Domínguez.

SondeNós ven de ofrecer o seu programa navideño para 2014 por partida dobre: o sábado 27 de decembro viaxamos ata Burgos, onde cantamos na igrexa de San Nicolás; o domingo 4 de xaneiro do novo ano cantamos na igrexa parroquial de Foz (Lugo), localidade na que nos teñen en grande estima, no formato Concerto de Reis.

A selección e posterior preparación deste programa foi algo realmente especial para todos nós, mais en particular para Rocío e para min, que vimos de ser pais dunha nena á que chamamos Mariña.

Este foi o texto que ilustrou o programa de man:

SondeNós, os misterios da vida e da morte e as pedras de Venezia.
A Rocío, que leva unha vida dentro.

O pasado mes de agosto estivemos en Italia, visitamos Milano, Verona, Padova -onde cantamos na basílica de Santo Antonio- e admiramos Venezia. A auga inundaba a piazzetta cando entramos en San Marco. O templo estaba ateigado de xente, mais isto non impediu que comtemplasemos con abraio os incansables mosaicos que envolven as cúpulas de Bizancio onde, noutrora, Andrea Gabrieli fixo soar o seu Angelus ad pastores ait. Esta noite nós temos a ousadía de cantalo. Hans Leo Hassler tamén estivo en Venezia, viaxou á cidade da lagoa no ano 1584 para ampliar coñecementos con Gabrieli. Do seu catálogo escollimos o motete Dixit Maria. A impronta da Escola de Venezia tamén se fai notar no terceiro compositor "renacentista" que nos honra: o alemán Michael Praetorius. O breve, mais intenso, In natale Domini describe o instante do Nacemento de Xesús que, xunto ós relatos da Anunciación -con Dixit Maria-, a Visitación -con tres Ave Maria, entre os que destacamos o do noso compañeiro Javier Díaz- e o Xúbilo de anxos e pastores, tomamos do Evanxeo de Lucas.
Na segunda parte desta estampa fixemos unha selección do noso repertorio viaxeiro - Grecia, Nova Zelandia e Italia- que completamos cunha obra vasca e outra galega. Para Verona preparamos A time for us, o tema de amor do filme Romeo e Xulieta de Franco Zeffirelli, e en Verona soubemos que o avó Perfecto nos deixara para sempre. Senza fine honra a súa memoria: Tu per me sei luna e stelle, tu per me sei sole e cielo...

A profesora e amiga Teresa López acompañounos unha vez máis como lectora. E unha vez máis aportou á nosa música un toque de sensibilidade coa súa palabra, amais dun inesperado momento de emoción.

Grazas a todos/as.

SondeNós. Dítico-Postal Nadal 2014- Exterior.
SondeNós. Dítico-Postal Nadal 2014- Interior.
SondeNós. Un momento do concerto en San Nicolás (Burgos),
co impresionante retablo pétreo ó fondo,
en decembro de 2014.
SondeNós. Un momento do Concerto de Reis
na igrexa parroquial de Foz (Lugo),
en xaneiro de 2015.



mércores, 4 de marzo de 2015

Viaxe a Italia con SondeNós, en agosto de 2014.

Viaggio musicale del Nord Italia in agosto 2014: Milano, Verona, Padova e Venezia.


Este foi o texto co que presentamos a nosa segunda visita á fermosa Italia:


Como Charles Burney, Johann W. Goethe ou o mesmísimo Felix Mendelssohn-Bartholdy, mais nesta ocasión seguindo os pasos de Claudio Monteverdi e de Il prete rosso, o grupo SondeNós viaxa novamente a Italia por hedonismo puro. O verán pasado foi á Toscana: Firenze, Cortona, Siena e Pisa; desta volta ó norte: Milano, Verona, Padova e Venezia. Arquitectura e arte, paisaxe e gastronomía... e a cambio a música. SondeNós ofrece o seu programa con il cuore nello stomaco a quen, con benevolencia, desexe compartilo.

O sábado 16 de agosto cantamos en Padova, na Basílica de Santo Antonio, e fomos moi ben recibidos:
Grazie alla comunità francescana di Padova la nostra partecipazione alla messa il sabato, 16 agosto, alle hore 18, nella basilica di San Antonio.


SondeNós no claustro da Basílica de Santo Antonio de Padova,
o pasado verán, con irmán Julio

Deseñamos un programa en tres bloques que chamamos Lettera di musica itinerante. Levamos música do mundo (como é habitual nas nosas intervencións): Inghilterra, Israele, Macedonia, Grecia, Nuova Zelanda, Asturias e Paesi Baschi; tres obras galegas, dúas delas escritas para a segunda edición do concerto No caminho da língua: O maio, Do mar pola orela e Quando eu sonho; e unha selección de Corale pop di Italia e Spagna: Charles Aznavour, Lucio Dalla, Jimmy Fontana, Laura Pausini, Rosana e Antonio Vega. Lembro ademais cun agarimo especial a preparación de A time for us, o tema de amor do filme Romeo e Giulietta de Franco Zeffirelli, composto por Nino Rota.


SondeNós en Venezia o pasado verán,
diante da Ponte dei Sospiri